Volta á orixe. Ano de cambios. Buscando o equilibrio. (Quen teña tenda que a atenda)

Volta á orixe. Ano de cambios. Buscando o equilibrio. (Quen teña tenda que a atenda)

Atenta cociña! 
Comunicado dos Abastos de Barra Atlántica Madrid


O próximo 1 de Xaneiro do 2018 pechamos o proxecto Barra Atlántica Madrid.

Son moitos e variados os motivos, máis tampouco veñen moito a conto… 

O que si hai que dicir, por riba de todo, é que trátase dunha decisión conxunta e persoal. Tanto de Cerqueiro, como miña. Dos dous.

Logo de oito anos ben intensos (pero non máis ca os do resto dos mortais) e que transcorreron moi, moi rápido…decidimos facer unha parada. Un alto no camiño para repensar. Repensarnos, e facer balance. 

Na procura do equilibrio e nesa ecuación imposible da vida onde se conxugan diferentes elementos, a veces en conflito: un soño, unha empresa, a paixón e a razón… por vez primeira incluímos a incógnita tempo. 

Poderiamos dicir que as cousas ían mal en Madrid, mais non é así. Gañamos cartos, oes! Pero sobre todo, pasámolo ben. Desfrutamos moito co que facemos, e cremos que o notades. 

Barra Atlántica foi un proxecto ambicioso e coa pretensión de estendelo a tres ou catro Barras máis na Península para poder transmitir a filosofía Abastos e a marca Galicia máis ala do “Telón de Grelos”. Máis polo que fora ou fose… Non aconteceu. Nós é que somos moi de taberna…e quen teña tenda, que a atenda. 


Foi un bonito proxecto, que durou dous anos. Dous anos marabillosos e irrepetibles onde, sobre todo, aprendemos e ensinamos. Foron moitos emigrantes que nos visitaban cada día con aquelo de alimentar a morriña. E moitos outros locais e persoas, de aquí e de acolá, os que nos visitaron para gozar connosco do que nos chamabamos o “mar en Madrid”. 
Ben é certo é  que xa aprendemos, gozamos e experimentamos o suficiente para colmar as nosas aspiracións. Fixémonos moito máis visibles intentando levar un anaco de Galicia “a la capital”. Obxectivo cumprido, satisfactoriamente. 

Unha equipa incrible da que estar orgullosos de onde veñen e o que fan. Para nós, sempre á altura, e rozando a excelencia. 

Grazas sempre a Amaia, Amayita, Andrea, Anxo, Alex, Arnaud (o capitán), Ángel, Bret, Dario, David, Diego, Félix, Juanjo, Katherina, Lea, Louis, Morris, Pucho, Rober, Serigne, Suman… por formar parte desta viaxe, navegar con nós e facer cultura de bar no tan temido Madrid que, para nós, non deixaba de ser… un pequeno barrio e porto ao que levar o mellor produto, para satisfacer o padal de tan boa xente. 

Barra pecha. E nós tornamos ás orixes. A Compostela. Ó Mercado, o noso fogar. Desta volta, tócanos cociñar a nós… 

Así que, do 18 ó 23 de decembro estarei por Barra Madrid para brindar e despedirme de cada un de vós cun sorriso, con moita nostalxia…
De seguro que Madrid deixará en min, en nós, un pouso de morriña… 

Gracias Madrid! De Madrid ao ceo! Mirámonos nos bares camaradas! 
  
Asina: Iago, o Taberneiro. 
Asinte coa cabeza, e co corazón: Marcos, o Cociñeiro.