O EntreFogons (do) Abastos: Marcos Cerqueiro Rey


Marcos Cerqueiro (Santiago de Compostela, 1973), cociñeiro ‘entre fogóns’:  
Técnico Superior en Restauración e con estudos de primeiro ciclo de Ciencias Económicas, Cerqueiro iniciou a súa traxectoria profesional no mundo da sala como taberneiro de casa de xantares e banquetes.
Isto converteuno nun bo coñecedor dos tempos entre fogóns e do cliente.
Curtido en restaurantes de batalla nas cociñas de grandes hoteis de vangarda en Barcelona, regresou a Galicia, onde traballou na Casa Marcelo, nun ano no que marcou a súa liña culinaria e a súa visión da cociña.
Visitador e comprador de sempre e por sempre no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
Ademais, operou como cociñeiro privado dunha familia compostelá, asesorando e xestionando as reservas da mesma.
Defensor da Cociña sen neveras e precursor da Cociña Do (d)Mercado.


RRSS de Marcos:
Twitter: @m_abastos