Horario e Carta de Verán Loxe Mareiro 2015


Este Xoves comeza a Tempada dVerán 2015 no Loxe Mareiro,  (do)Xoves 2[xullo](ó)domingo 20[setembro]. 
O Loxe Mareiro é unha casa de Xantares sen pretensións. Un lugar máxico onde ocorren cousas.
Un refuxio para os sentidos coa capacidade de mudar e adaptarse ó entorno cunha fase evolutiva en canto as circustancias e sometido a unha axenda conceptual.
Este verán, tras moito reflexionar, o Loxe Mareiro muda a súa oferta gastronómica e queda únicamente como Restaurante sen serivicio de Bar.
É unha aposta firme e pensada para ter continuidade no inverno. Somos restaurante.
Eso sí, ampliamos comedor ata a esplanada con 6 mesiñas previlexiadas.

Reserva a túa mesa na esplanada, no comedor ou o carón dos fogóns.
Máis, en tódolos casos, comezarás e rematarás a experiencia moi preto do mar...

Tres espazos /Tres Conceptos / Tres opcións

Podes reservar en calquera dos Tres Espazos_
Esplanada / Comedor / Mesa(da)Cociña
Máis, en tódolos casos, comezarás e rematarás a experiencia moi preto do mar... (aperitivo e sobremesa garantizados con vistas á Ría de Arousa.

Podes escoller entre as tres opcións_
á Carta_ Cociña Galega dProximidade, revisada e actualizada
Menu Formula Loxe_35€ iva incl (só Xantares)
Menu(da)Casa "Aconteceu naquel verán do 2015"_60€ iva incl

Cando? :
Xantares_13.30-15.30 / Ceas_20.30-23.00 dLuns a Domingo excepto Mércores (peche)

para velo con máis detalle e claridade fai clic aqui: