"Abastos": Banda deseñada


Abastos_ é o primeiro título formato TEBEO da nova editorial 3pintamonas
Dalgún xeito formamos parte dun fermoso proxecto... aínda que sexa a modo escenario e coas nosas receitas!. Moitas Grazas!
Para mercalo podes facelo aquí: http://3pintamonas.com
Ou mellor faino en persoa, XA Ä VENDA na Taberna, mércalo e tomas unha birra, ou picas algunha das tapiñas que saen na banda deseñada, o que che preste nese intre. Esperámoste.




O Proxecto:


Abastos, un volume no que se mesturan historias de carácter social coa praza de abastos de Compostela como eixe, é a carta de presentación da nova editora galega de banda deseñada 3 Pintamonas. O volume, de 180 páxinas a cor, sae á venda en edicións en papel e dixital e en castelán en galego e conta con debuxos de Pedro J. Colombo, Beatriz Iglesias, Víctor Rivas e Sagar Fornies. Para alén da historia, inclúe unha introdución de Miguelanxo Prado e unha serie de receitas da man do establecemento Abastos 2.0.





Idea orixinal: Raul Marinho
Guión: Francisco José Abelleira Santos
Correccións: Paulo Cundíns
Portada: Debuxo Pedro J. Colombo - Cor Aintzane Landa
Todos os dereitos reservados
© 2015, da presente edición: 3pintamonas SL
Receitas: Abastos 2.0
Fotografía: La DIAPO fotografía - www,ladiapo.com
Fotografía: Ramon Escuredo Gastrografia - https://gastrografia.wordpress.com
ISBN: 978-84-943812-1-8
Depósito legal: C 371-2015
1.ª edición: Marzo 2015
3 pintamonas s.l.