"Fiestra" by Abastos 2.0

En que se asemellan os soños ás fiestras?
Sempre que vexo unha fiestra fago o mesmo: boto o meu bafo no cristal, deseño un corazón co dedo e escribo un nome dentro.
Canto me gustan as estrelas do verán na fiestra!
Son como rectángulos de ceo dende os que podes asomarte a outro lugar.
As fiestras parecen postas aí para lembrarche que existe outra vida, que podes cavar túneles coa imaxinación e viaxar onde queiras.
Hainas inmóbiles como as do meu cuarto, e outras que se moven e proxectan a paisaxe que deixas atrás.
As fiestras non só me gustan porque poden falar, senónporque nunca menten.
Dinche si é de día ou de noite, si chove, neva ou sopra o vento.
Cando viaxo en avión gústame mirar as nubes moles de algodón por baixo miña, o xeito no que a luz que ensucia o ceo pasa do vermello ao lila.
En canto ao tren, ese troupeleo axúdame a durmir namentres formulo estas preguntas: existirán fiestras no ceo?
Tería fiestras a Lúa por onde escorrega unha música ao lonxe?
O que sei de certo é que hai fiestras nos libros, fiestras no momentos aburridos e nos espellos.
E as lembranzas, acaso non son tamén fiestras?
Ollar a través dunha fiestra sucia produce a mesmasensación que ter os lentes sucios.

"Conto(roubado) do Libro ENSOÑOS de Conrad Roset. (Traducion libre)"



Fiestra: D.O Rias Baixas Albariño 100%
Elaboración: Adegas Attis 
Inspiración: Na obra de Nacho Salorio dos seus trazos e debuxos
Deseño: Tolotola  

Deseño: Tolotola inspirada na obra de Nacho Salorio (trazos e debuxo)