1º Aniversario "Loxe Mareiro"



(o)Iago, (o)Marcos e toda a Parroquia 2.0 ten o gusto de convidarvos á…
1º Aniversario(do)Loxe Mareiro

Festa dBenvida(do)Verán

Presenteira(do)noso viño D.O. Rías Baixas FIESTRA

Maña martes 24, na franxa horaria denominada á tardiña, o Loxe Mareiro 2.0 re-abrirá as súas portas
para convidar aos seus amigh@s e mostrarlles este espazo xa en formato Tempada de Verán.



3 Espazos, 3Conceptos

#(a)Esplanada: Cociña Miúda _CasMáns

#(o)Comedor: Racións Concept/ TresPeixes

#(a)Mesa da cociña: Menú(da)Casa / PortaPechada


A data non podería ser outra có día de SanXoán dando a Benvida ao Verán.

Aproveitamos a ocasión para facer a Presenteira de Fiestra. Un Albariño D.O. Rías Baixas sen
complexos. Dos de verdade. Dos de sempre…

Un viño feito polo amigo Robustiano de Adegas Attis. http://www.attisbyv.com/
Deseño e imaxe pola
amiga Alejandra de ToloTola. http://tolotola.com/
e… Axiña, en Compostela, faremos presenteira do novo espazo Tenda Mundo Viño 2.0 xunto coa nota de
cata técnica de Fiestra. Estade atentos!

O terceiro local do MicroUniverso Abastos comezará a tempada xa EntreFogóns e aceptará reservas a
partir do 25 de Xuño. Abrirá os sete días da semana agás os domingos noite.
NonStop en concepto de Taberna Mariñeira ata o Equinicio do Outono.



Apetece? Abastece pois! #abastada


#Queres saber mais???

645.053.470    seiscatrocincocerocincotrescatrosetecero

#Abastos no MundoPrensa

www.blog.abastosdouspuntocero.es/p/clipping-prensa.html

#Chíos:

 Correo: abastosdouspuntocero@gmail.com
Espazo Web: www.abastosdouspuntocero.gl
Twitter: abastos20
Instagram: abastosdouspuntocero

(o)LoxeMareiro_Espazo Ocupado by Abastos 2.0

Baixo o lema universal: “a beleza do simple” arrouparanse os diferentes conceptos:

Chiringuito dPraia / Casa dXantares / TabernaMariñeira / Refuxio / GhalponMariñeiro / EspazoOcupado
/ Fiestra / Obradoiro de Sonhos

O Loxe Mareiro by Abastos 2.0

“Imaxina un lugar…
Imaxina un lugar onde o tempo se para. As horas, minutos e segundos apáganse sen 
mais… Un lugar onde os problemas da vida quedan na beira… xustamente onde termina a Mar.
Un refuxio para os sentidos onde sol e lúa son observadores silenciosos.

Sinte o besbello das ondas sonoras e cantareiras. 
Colle aire, respira fondo. Cheira a salinidade da costa. Alma atlántica en estado puro.
Deixa que o vento mareiro acaricie a túa pel.
Sintete libre!
Sinte, soña, goza, vive…
Vive este momento, este momento é a túa vida…”


#abastada

Para que bebamos aquel viño dun vello colleiteiro da Ribeira Sacra...
Para que amemos Compostela, os contraluces,
as ruelas humidas que pisaron Valle Inclan ou Rosalía de Castro...
Para brindar, compartir, botar unhas risas,
sentir o paso dunha muller cun cesto de grelos (ou castañas)na cabeza...
Deixarse levar.
Descontrair....
"Experimentar"* con din alén do Minho...
Para que un dia digamos estiven.
Aquela noite
Aquel serán...
Naquela sesión vermú.
Estiven.
E estivo ben.
Para iso...
ABASTOS
Tentamos provocar emocións...
E nunca, nunca, chamarémoslle ao chourizo "deconstrucción de cocho en tubular de tripa en conserva de pementóns"*. Palabra!
E un pemento!

ABASTOS
ABASTOX ( no tox) HABASTOS  2.0
EN BASTOS!
ABBASTOS 
ABASTADA 
ABASTORE 
SOTSABA 
ABASTILLA 
ABASTARD...
ABASTECE...(QUE NO ES POCO!)


Texto: CarlosBlanco+KikoCadaval*