Lambetadas 2.0 no preámbulo do espectáculo "Bon Appetit" en BrincaGaiás na CdC



Para ir abrindo boca, antes de que comece o espectáculo de "Bon Appetit", unha comedia na que escachar coa risa e coa cociña tradicional galega como protagonista, goza de balde coas lambetadas 2.0 que ofrecerán os cociñeiros do Abastos 2.0 nunha divertida e grande homenaxe á gastronomía creativa galega.

O sábado 15 de febreiro, o Gaiás reúne os mellores ingredientes. Bon Appetit!
Dentro da programación para os máis cativos da casa BrincaGaiás 2014 na CdC