O Forum vaise de Compos



Marcha o Fòrum Gastronómico de Compostela. E aínda o bo é que queda en Galicia... xa sen entrar a valorar o por que, nin entrar en debates políticos... Só digo: Merda!!!.
Dende logo, Abastos hoxe en día ten moito que agradecer ó Forum. Nacemos con el. Marcos e eu atopámonos sen vernos durante 9 anos nesa primeira feira-congreso-forum. Foi aí cando comezamos a debuxar o noso proxecto... Dous anos mais tarde, estabamos dando de xantar á prensa especializada e a cociñeiros de todo o mundo. Ese mesmo ano o Sotohiro Koshugi almorzaba percebes ás 10 da maña e un grupo de daneses estrelados abrían cigala crúa e asperxían limón para comelas vivas. E foi no 2012 cando tiñamos sentados nunha mesma “porta pechada” de Domingo de Forum a Joan Roca, Ángel León, Josean Alija, Marcos Moran e equipa...
Para Abastos o Forum é emoción. É a orixe. Son compañeiros. Son amigos que “carallo”... Pep, Marc, Isaac, Jordi, Nati... só son nomes de amigos que nestes anos fomos facendo... e moitos mais que quedan no recordo con caras sorrintes. Cando viaxamos a Girona fannos sentir como na casa...
Eu falo de nos. si de nos. Egoistamente, Si!. Todo o que vivimos co Forum!... Todo o que temos que agradecerlle, e todo o que quedaba x vir?
Agora toca unha reflexión: e que pasa con Compostela? todo o que viviu co Forum? todo o que ten que agradecerlle? todo o que quedaba x vir...?