Galicia engánchase ao «fast good»

Tendencia? Non! pan+carne+pan
Artigo de Alfonso Andrade en Fugas de La Voz de Galicia o 27/09/2013
Galicia engánchase ao «fast good» 
O entrefogóns: Marcos Cerqueiro
"Ferrán Adrià, que sempre foi un visionario, deuse conta hai unha década das posibilidades de converter a comida rápida («fast food») en rápida, pero boa («fast good»)
Un dos restaurantes máis innovadores de Galicia é o Abastos 2.0, de Santiago. O chef Marcos Cerqueiro proclama con orgullo «a sesión golfa dos xoves pola noite», cando se serven hamburguesas de vaca galega. A coulant distínguese polo queixo de Arzúa, mentres que outra delicatesen incorpora touciño entrefebrado afumado de Lalín. Para maridar, viño, cervexa ou gin tonics galegos."