Reflexións 2.0_

Reflexións 2.0_ 

"Podemos considerar que Abastos 2.0 vai mais alá dun concepto gastronómico mais ou menos innovador, non sei si podemos chegar a consideralo como un estilo de vida, pero dende logo estase a converter nun feito sociocultural de gran relevancia con resonancia mais alá do ambiente compostelán.

Preséntase como un espazo gastronómico de vocación contemporánea con un formato de posta en escena altamente innovador (taberna), moi centrado na idea de produto local fresco e de calidade, con unha elaboración e unha presentación sen grandes artificios que empanen o valor intrínseco do produto. Esta é unha cualidade imprescindible nun negocio destas características, mais dado o nivel de madurez do sector xa non abonda con desenvolver o oficio con grande sabedoría e destreza, ademais hai que concibir e comunicar unha personalidade forte e diferenciada.

Quizais a meirande fortaleza do modelo Abastos reside nun ideario sinxelo, directo e próximo, con capacidade para proxectarse sobre un amplo espectro de manifestacións que transcende alén do puramente gastronómico. É o xeito de entender, de facer e sobre todo de comunicar eses valores o que o converte nunha das iconas sociais de actualidade.

Un dos recursos -marca da casa- con maior peso e proxección está a ser a reinterpretación do cotián, tomando referencias en obxectos, esquemas funcionais, e mesmo léxico ou expresións verbais, ... e pasándoas logo polo cribo das tendencias contemporáneas ate convertelas en representacións de marca. Un proceso que integra doses de tradición recoñecibles e aceptadas no imaxinario colectivo, presentadas baixo un formato actual e orientadas a un perfil de cliente “snob”.

Outras factores que definen o seu ideario son a proximidade no trato, a flexibilidade, a rapidez ou a capacidade de improvisación, conseguindo un ambiente fluído, dinámico e sobre todo con unha grande capacidade para sorprender e xerar expectativa na parroquia Abastos"