Día de Islandia na Praza de Abastos de Santiago por Björk

DÍA DE ISLANDIA NA PRAZA DE ABASTOS DE SANTIAGO 
Trátase dunha iniciativa especial coa que se quere festexar o concerto que a cantante islandesa Björk ofrecerá en Santiago, o único en España e Portugal




Santiago, 21 de xuño de 2012.- Na Praza de Abastos de Santiago celebrase hoxe o Día de Islandia, unha xornada especial coa que se quere festexar o concerto que a cantante islandesa Björk ofrecerá mañá pola noite na Cidade da Cultura de Galicia, o único que dará en España e Portugal. A través desta orixinal iniciativa preténdese achegar a todos os visitantes da Praza de Abastos os detalles da cultura e tradición de Islandia a través de actividades vinculadas con este país.


A música estará presente durante toda a mañá da man dun DJ que animará a xornada. A partir das 11,30 horas serviranse as tapas islandesas que todos os visitantes poderán degustar de balde. O restaurante Abastos 2.0, servirá un menú tipicamente islandés, deseñado exclusivamente para este día.