Un ano máis Abastos 2.0 nos "Seráns do TAC"

"Humor + música + gastronomía".  Como é evidente - Abastos 2.0  "uns servidores" -   participamos neste último apartado na 2ª edición de "Os Seráns do TAC" da man do Taller de Arte Contemporáneo para as tardes do Gallás, xunto con outros 4 restaurantes:  Eirado da Leña, CasaSolla, Culler de Pau e Yayo Daporta

"Intentaremos entre os cinco ofrecerlles aos asistentes unha tapa de cociña contemporánea a partir de produtos da nosa xeografía, que favorecerá un momento de conversa así como de gozo dos espazos que ofrece a Cidade da Cultura."