Dez creativos de Santiago explican o seu traballo no Abastos EGC

Nestes momentos estamos comenzando no espazogastrocultural do Abastos 2.0 unha merenda-cea moi especial un menú formado por distintos deseñadores, da comarca de Santiago. Na carta, teremos unha snap session, onde cada creativo exporá 20 imaxes, cada unha delas, durante 20 segundos para explicar o seu traballo.
O ingrediente común será a creatividade e o deseño abordado dende distintas perspectivas. Dende o deseño editorial ata o deseño de xoias, pasando polo deseño de mobles, de moda, gráfico, etc. Serán un total de dez participantes que terán a ocasión de amosarnos as súas creacións, os seus produtos, ou mesmo os seus proxectos máis inminentes.

Cliquea para ler máis
A prensa xa se fixo eco: El Correo Gallego.es