2012


Feliz 2012! Adeus 2011!

 O 31 de Decembro 2011 Abastos 2.0 estivo de Aniversario. Dous aniños de vida!

Imonos de Vacacións ata o 3 de Febreiro!!!!
Grazas a td@s @s que facedes posible que isto sexa unha realidade.

Grazas a Mike, Yuyo, Razvan, Jano e os extras e amigos que fan posible co seu traballo que Abastos 2.0 sexa o que hoxe é.

Como agasallo, para o pequeno-gran  Abastos 2.0 EspazoGastronómico abrimos as portas do Abastos EspazoGastroCultural...

Pronto moi pronto o rumor farase realidade...
Tras este muro agocháse Abastos EspazoGastroCultural

Mentras e ata entón, seguemos cociñando ideas e soños...

Iremos contando!