En Off Culturgal o 1 de decembro en Pontevedra



As persoas que se acheguen o xoves 1 de decembro ás 22h ata a sala Karma de Pontevedra viaxarán a través da vida dun prato da man de Abastos 2.0 e Ramón Escuredo, poderán coñecer a terapia Habitación de Hospital da asociación cultural Sen Marco, a proposta documental acerca da socioloxía do vestir de Clara Castro Peccis Direiche quen es, o Sacred Peak 2012 de Sentinel Wardrobe, os concertos comando do Coro da Rá, os mobles de cartón de Adriana Filgueiras, o proxecto cultural El Halcón Milenario, o sistema modular creado por Imaisde para Calzados Victoria, a Mil a Gritos Showroom de Rocío Vázquez, os sistemas construtivos sostibles de Verónica Gallego e Ondrej Fabian, a interpretación visual que fai Suso Sueiro dunha partitura inédita do pintor surrealista Eugenio Granell a través dos seus cadros e a interpretación de singulares instrumentos como o Serrucho Musical, o Zendrum ou o iPad que fai Pulpiño Viascón.

Mención no Faro de Vigo