Abastos 2.0 nos Seráns do TAC

O pasado día 28 de Xullo estivemos maridando xantares, música e viño na cidade da cultura.

Prato combinado nº 3 MAR





"Música contemporánea, humor e gastronomía. É a atractiva e singular oferta que o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) propuso para a Cidade da Cultura, como parte da programación do Ano Galego da Música 2011.
Os Seráns do TAC toman como argumento principal a maxia do lusco-fusco, festexado na cultura tradicional galega con festas participativas organizadas polos veciños de aldeas e parroquias que se reúnen para tocar, bailar e comer nos días nos que non hai celebracións oficiais ou patrón que festexar.
E para darlle sabor a Os Seráns do TAC, representantes da nova cociña galega, entre os que estamos Nós: Abastos 2.0", aderezan este excepcional programa coas tapas que servirán ao final de cada concerto, inspirados nos elementos do programa musical.
Abastos 2.0 volverá a estar o vindeiro día 6 de setembro no evento Carta Branca a Diego Masson