
Cada concerto será presentado, asemade, por Carlos Blanco, Quico Cadaval e Julián Hernández (Siniestro Total). Ademais, convidarase a tres cociñeiros, representantes da nova cociña galega, a que ideen para cada concerto unha tapa que será servida ao final do acto, inspirada nalgún dos elementos do programa musical.Entre estes tres cociñeiros ademais de Pepe Solla e o restaurante Eirado da Leña de Pontevedra estaremos Nós ABASTOS 2.0 nesta maridaxe, os días:

E de novo o seis de setembro, no que será a quenda da sesión 'Carta Branca a Diego Masson', para a cal o TAC estará dirixido por Diego Masson e interpretará obras de Dallapiccola ou Francesconi, así como a peza 'Monitonadas', do galego Carlos López García-Picos. A sesión contará tamén cunha tapa do Abastos 2.0 e estará presentada por Carlos Blanco.
Varios links da Nova: