Premio do Público "(é)xcelente" no Concurso "Santiago e Tapas 2011"

 Premio do Público “(é)xcelente 11”....... Ao establecemento máis valorado polos clientes, tendo en conta o servizo (profesionalidade, rapidez, amabilidade, información facilitada da tapa/concurso), as instalacións (aparencia/orde, limpeza, conservación) e a experiencia global dos clientes. Cada un destes criterios foi valorado nun apartado específico no pousavasos oficial do Concurso, que os clientes puntuaron de 0 a 5. O resultado final dependeu da media dos tres apartados.