Aula de Encontros Gastronomicos de Reino Gourmet

 O pasado Martes 17 de Maio estivemos en Pamplona,  abrindo o congreso: Aula de Encontros Gastronomicos de Reino Gourmet.
Entre un cartel de luxo e unha hospitalidade incrible, visitamos o seu Mercado para logo cociñar o que ali atopamos. Puxemos en escena o que cada maña facemos no Mercado de Compostela. Un paseo a primeira hora polos postos da praza, facer a compra, e condicionados ó que ese día atopamos, presentamos diferentes propostas en formato Cociña Miúda.
Fascinados cos productos da súa Horta, improvisamos a pizzarra do día do que sería o pase de Sesión Vermú dun Abastos 2.0 en Pamplona.:

 Dúo de Cogumelos de Primavera (perrochicos & champiñón)
Esparragos Caralludos Versión 1
Esparragos Caralludos Versión 2
Sardiña + Borrajas (á brasa, sen brasas)
Ovo 62.3º made in Pamplona  _pataca+Chistorra
Atún Cantabro + Escalivada Pamplonika
Tomate Sorpresa
Alcachofas & Relleno


Aproveitamos tb,  a nosa ponencia para contar á xente de Navarra como funciona a nosa peculiar taberna...e a través do video Un día en Abastos puidesen comprender o noso camaleónico chiringuito de asfalto.

Making off? Imaxes a modo video de mercado:  fresco e divertido...de Navarra TeVe Dalle o Play!


como o virón eles?
Un par en la cocina
Gastronomía & Cia


Graciñas Pamplona!!!