Horarios de Inverno

Que facemos, como o facemos e cando o facemos?
Subtitulo: Horarios de Inverno.
Para entender os conceptos, visita: "El concepto es el concepto" by Pazos

Domingo e Luns: Peche.

Martes e Mércores:

12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú.

Xantar SEN reserva (12-15h): Como novidade, este ano, de martes a venres, a mesa estará montada para o servizo. Unha vez dentro, arredor da mesa-barra, e xa sentado, hai dúas opcións: podes petiscar, escollendo un prato ou mais ao teu antollo para acompañar a túa consumición, ou podes Xantar. As propostas do día están pensadas para que combinándoas entre si, podas tomar o que equivalería ao antigo menú Do Mercado que custará en función do produto do día entre 15 e 20 euros.  ( Snack + Entrada +  Peixe +  Final) Ademais da opción fora de pizarra da Sobremesa do día ou outro peixe...
Por suposto, e como sempre nos ventanais-terraza podes tomar a consumición desexada e petiscar calquera das propostas do día da nosa CociñaMiúda.


A Partir das 15h e baixo  reserva: Mesa de Xantares
 
De 19 a 22h: Obradoiro 2.0

NON haberá Merenda-Cea. Si mais para adiante. Recordade que en Abastos, facendo uso do seu subtitulo: Barra Efémera, TODO cambia, todo é pasaxeiro... Ca chegada do bo tempo, recuperaremos esas tardiñas animadas de bos viños, música e Cociña Miúda.
Mais outra das novidades do 2011 facendo orgullo do outro subtitulo: Espazo Gastronómico, Abastos convérterase en Obradoiro en formato: catas, degustacións, aulas, cursos, probas, presentacións...
Escollendo un tema a modo monográfico, a camiño entre aula e curso, 12 persoas baixo reserva, poderán aprender, compartir, gozar, sentir e sobre todo saborear... A parte 2.0 do obradoiro, trátase diso, interactuación connosco. Non serán leccións de cociña. Haberá diferentes formatos mais a idea e gozar coas mans na masa.... e roer e beber.
Tamén a opción de catas con maridaxe...
Pero todo isto, xa o imos contando... onde? na  nosa parte 2.0 e neste mesmo blogue.

A partir das 22h, Porta Pechada.

Xoves e Venres:

12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú e Xantares sen Reserva
A Partir das 15h e baixo  reserva: Mesa de Xantares
19-22h: Cociña Miúda_Merenda Cea.
A partir das 22h, Porta Pechada.

Sábado:

11-12h: Pequeno Almorzo
12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú.
15.30h: Mesa de Xantares: Comezamos un pouquiño mais tarde que pola semana pois a Sesión Vermú de Sábado está mais que animada por mor de que é dia grande de Mercado...
A partir das 22h, Porta Pechada