EXPERIENCIA ABASTOS 2.0 :Artigo de José Ángel López publicado en DOT: dotgalicia.com: magazine




E esta foto tan publicada (roubada) que non se esqueza de quen é: SOLEDAD FELLOZA
A idea máis moderna e novedosa que vin en moito tempo, impresionante, e o seu nome déixao ben claro. Outro deses conceptos nos que non me importaría participar se fose hostaleiro. Santiago de Compostela é a cidade, sí, esa na que tanto chove, que tanto deprime ás veces pero que sempre me enamora. Para min non hai lugar como Santiago. Porque é miña, é nosa, é de Galicia, da miña terra e aquí cae auga bastantes veces e outras fai sol, aquí nótanse as estacións do ano, esto non é o Caribe, nin Sevilla, nin Tenerife, este é o Norte e eu son norteño.
É a sensación da temporada, trinta e cinco metros cadrados nos que hai tapas de deseño, un bo menú do día, xornadas de cociña con conservas, ceas pactadas de antemán, produto cen por cen galego.
"Lugar onde case todo é posible", "realidade e ritmo de vida", "clara vangarda gastronómica", "neotaberna compostelana que rompe moldes", "gastroconcepto empresarial único", "bar de tapeo, taller de cociña", "arte e bo facer individual e en miniatura".
Ocupa seis casetas unidas (da 13 á 18) no Mercado de Abastos, sitio que enlaza a tradición con esas ideas vangardistas aos fogóns. A oferta cambia cada día, en función do produto de temporada, anunciándose nunha pizarra (que probablemente sae da provincia de Ourense, principal produtora e exportadora desta materia), ao estilo de mesón ou casa de comidas. Unha barra ao aire que unhas veces actúa como tal e outras como mesa para doce comensais. Abastos 2.0 é o soño de dous mozos galegos utópicos, dous hosteleiro-cociñeiros, Iago Pazos (taberneiro) e Marcos Cerqueiro (cociñeiro), quenes estudaron xuntos Hostelaría no IES Compostela.
Algúns exemplos para comer? Cunha cociña á vista temos "Pulpo to the party", "Zamburiña & herbas", "Huevo 62.3º", "Berberecho Expresso", "Mejillón-lombarda", "Salmonete & fideos negros", dispoñible todos os días da semana menos o Domingo, día que tamén pecha o mercado claro.
Unha frase serviulle aos dous Pazos (o taberneiro e a persoaxe do filme Airbag) para explicar o que fan, "O concepto é o concepto": Cociña miúda (pratos do tamaño dun menú degustación), Sesión Vermú (de 12:00h. a 15:00h.), Merenda-Cea (19:00h. a 22:00 h.), Xantares (doce persoas máximo, dezaoito euros mínimo cada unha), Porta Pechada (oito persoas mínimo, polo menos trinta euros cada unha, pechado para o grupo), Barra Efémera (todo cambia) e Cociña sen neveras (stock 0, non sobra nada ao fin do día, a nevera máis grande é o propio mercado).
En definitiva, boa idea, bo lugar, boa cidade, xente con ganas, clientes con ganas de cousas novas que inviten a sair á rúa e momentos felices.
Unha asistencia obrigada!

PUBLICADO EN "DOT: dotgalicia.con, magazine" por Jose Angel Lopez el 13/03/2011