O Forum Gastronómico Girona 2011

O Forum, non é un congreso gastronómico. Nin un encontro de Cociñeiros. Nin tan sequera unha feira.
O Forum Gastronómico de Girona é cultura en formato gastronomía.

Apaixonados por unha cidade, dunha irmandade é dun intercambio de costumes, tradicións e receitas... Levamos con nos un recordo inesquecible. Porque foron uns anfitrións fabulosos e pq estivemos como na casa, como na nosa casa...por facernos sentir, sonhar, gozar, vivir...
Gracinhas por elo!  Agora esperámosvos en Compostela...na taberna, a túa/vosa taberna!
Algo se está a cocer en Santiago... Forum Santiago 2012

No noso paso por Girona, ía incluído unha pequena parada nun lugar incrible. Marcos meteuse entre Fogóns durante unha semana no Celler de Can Roca. Toda unha experiencia. Deste lugar, desta xente, levámonos a súa humanidade, o seu bo facer e unha lección de humildade. Cunha forma única de entender a cociña, a cociña de Familia, entendéndose esta familia como un gran Equipo.
¡Gracinhas a Jordi, Joan e Pitu, quenes nos recibiron na súa casa coas mans abertas. Gracinhas a Bernardo, xefe de Partida do Celler e mellor amigo, quen fixo do mellor anfitrión. Gracinhas a todo o seu equipo que nos ensinaron a cidade...e cos que compartimos momentos máxicos, irrepetibles e inesquecibles.
Familia Roca: Abastos é a vosa casa...

No Forum, non so compartimos momentos, sensacións e experiencias...Ca nosa premisa básica de poder achegar a nosa cultura a través da Gastronomía como único linguaxe universal, podemos transportar co noso video Un día en Abastos... aos presentes que na Sala Sinfónica ese Luns 21 de Febrero ás 12h... ali estaban.

Cunha frase acabamos a nosa ponencia, o noso momento:
"Pois como vedes, Non sempre chove en Santiago... pero lembrade... ainda que chova, a choiva en Compostela é arte, e a pedra cambia de Cor. Esperámosvos na taberna, na vosa taberna"

E a prensa conta que Abastos 2.0 estivo no Forum Gastronomic Girona 2011: