O gran día #madridfusion

E chegou o día, Xoves 27. Levaba tempo marcado no calendario. Madrugamos. E o tempo sorprendeunos cunha maña gris... e orballando! De súpeto, xogabamos en Casa.

Entre nervios e risas, chegamos ao escenario. Abriron o telón dous grandes profesionais, cada un no seu, pero mellores amigos. Marta Fernández e Marcelo Tejedor, presentábanos de forma cercana, sinxela, emotiva e tenra...

De súpeto, a función comezou. A modo teatro (a culpa disto,tena Ruben Ruibal), explicamos ao mundo o que é para nos, un día en Abastos. Tal e como estaba previsto,  as imaxes de Esther Taboada e a montaxe de Carlos S. converteuse na mellor das ferramentas para explicar o que facemos, cando o facemos e como o facemos... Iso si, maridado con música de artistas galegos, e facendo sonar os nosos temas de cabeceira de cada dia na taberna, deron como resultado "Un día en Abastos"

4 vídeos, que pronto mostraremos, explicaban de forma clara e concisa os 4 conceptos que definen por si mesmo o noso Abastos 2.0: Cociña Do Mercado, Cociña Miúda, Barra Efémera e Porta Pechada


Entre tanto, entre fogóns, cociñábanse 4 propostas: Mexilón & Lombarda, Wakame+Berberecho, Historia dun Calamar e o seu Roliño; Badeixo+Repolo+Chourizo
Foto: Benito Ordoñez


No público, rostros expresivos, algunha cara coñecida, cámaras e moitos cociñeiros...

Os compañeiros do mundo 2.0, os amigos de guía Repsol, estaban presentes e compartindo a RealTime a nosa función vía Twitter. Tamén "Viajes e vinos" que nos gravou e nos subeu a YouTube

Ao final da función... Unha grata sorpresa!