Monolitismo ou dinamismo, by Millán Fdez.

Sobra decir, que Millán é amigo. Compañeiro e camarada da escola da vida... co que ao caer a noite, falamos largo e tendido de temas que van mais alá de dúbidas existencias, politiqueo ou formas de ver ese camiño empedrado de horas, minutos e segundos que moitos chaman Vida.
Centramos as nosas tertulias nese soño no que creemos, que é a nosa terra. E dende Abastos, a través da gastronomía concibida como linguaxe universal, queremos facer chegar ao mundo esta cultura, a nosa! Sen pretensión nin posicionamentos políticos, simplemente crer no que facemos, como o facemos e porque o facermos... e estar orgulloso de elo carallo! E si, só el, pode plasmar como aquí o fai, este concepto...
Graciñas por elo!

"Mudar isto dende aquí só pode resultar coa forza dunha sociedade civil consciente e consistente, dinámica e madura, preparada, segura de sí mesma e convencida de que na defensa do local se atopa o vencello co universal. De que o bo facer non entende de nacionalidades, linguas ou fronteiras mentais. Galicia ten exemplos a eito, e en moitos ámbitos: nas artes, na política, na empresa ou na sociedade. Hai que estar orgullosos porque representan, alá onde van, un xeito de entender a galeguidade que transcende o imaxinario de complexos que a moitos atenazaba e atormentaba cando cruzaron o Telón de Grelos. No meu círculo de amizades e coñecidos, cando aparecen as dúbidas, poño como exemplo contemporáneo a dous rapaces que traballan no mundo da gastronomía: Iago Pazos e Marcos Cerqueiro. Rexentan un local dunha proxección ilimitada, Abastos 2.0, que revolucionou a maneira de entender a zona vella de Compostela dende a defensa dos productos da nosa terra, a calidade e a proximidade, e comprometidos coa cultura e a vangarda deste país. Nos vindeiros días participarán no encontro gastronómico internacional MadridFusión, cóbado con cóbado xunto aos mais afamados cociñeiros para expoñer as súas propostas innovadoras. Explicarán as chaves do seu éxito e levarán alí o acento, os aromas e a música en galego como representantes dun país que moitos seguimos soñando: aberto, dinámico, emprendedor, atrevido, moderno, desacomplexado e orgulloso de sí mesmo. Combatendo coa cabeza ben ergueita o monolitismo soxulgante dos que non nos entenden, non..." Millán Fernández



No Xornal, xoves 20 de Xaneiro 2011. Ver artigo completo