AbastosDousPuntoCero _2011

Xaneiro & Febreiro
Subtitulo: ¿que imos facer?

O primeiro é o primeiro. Feliz entrada de ano 2011.

Graciñas por facernos sentir, soñar, gozar e vivir esta aventura máxica chamada Abastos 2.0...

Os "gastrobolseiros" marchan e tal vez algún día volvan... e mentres e ata entón viran outros...

Necesitamos un sopro de aire fresco. 

Xaneiro, peche! ¿Por que e para que?



Para cociñar ideas, para revisar conceptos, para facer algunha reforma, para asimilar e reflexionar, para descansar a cachola, para visualizar con claridade, para asistir como poñentes a Madrid Fusión.




Febreiro, coas reixas baixas!

Revisar e escandallar cada un dos pratos que fixemos ata agora e a modo obradoiro de ideas, ca colaboración dun novo "gastrobolseiro" que vai dar que falar, faremos novas propostas para o 2011.

Por iso, a primeira quincena de febreiro, estamos abertos só baixo reserva. Para dar a probar eses novos pratos ou a revisión dos "clásicos" ...

A segunda quincena do mes, Marcos fará un Stage por terras de Girona e a última semana... imos para o seu Forum a contar a nosa historia, o noso conto...


e voltaremos cheos de cambios e con novas ideas e conceptos o 1 de Marzo!!!

Porque o concepto é o concepto...

Para dubidas e/ou suxestións, estamos nos teléfonos:
981576145

645053470

Graciñas, e feliz ano!!!