"El concepto es el concepto..."

"El concepto es el concepto..."by Pazos


Cociña Miúda: En función do que cada día atopamos no mercado, elaboramos entre 3 e 10 propostas do que serían “pequechos pratos” pensados para acompañar a túa consumición. Non son tapas, hai propostas que semellan racións ou medias racións. Movémonos en gramaxes de menús degustación. Pratos de produtos con toque divertido.

Sesión Vermú: Pase de Cociña Miúda en horario de 12 a 15h.

Merenda-Cea: Pase de Cociña Miúda en horario de 19 a 22h.

Xantar SEN reserva (12 a 15h): Como novidade, este ano, de martes a venres, a mesa estará montada para o servizo. Unha vez dentro, arredor da mesa-barra, e xa sentado, hai dúas opcións: podes petiscar, escollendo un prato ou mais ao teu antollo para acompañar a túa consumición, ou podes Xantar. As propostas do día están pensadas para que combinándoas entre si, poidas tomar o equivalente ao antigo menú Do Mercado que custará en función do produto do día entre 15 e 20 euros.  ( Snack + Entrada +  Peixe +  Final) Ademais da opción fora de carta da Sobremesa do día.

Xantares: A partir das 15h, e sempre baixo reserva previa, o cliente decide canto quere gastar, dinos que non quere nin pode comer e si é a primeira vez que ven a Abastos. Con esa información, imos o mercado e facemos un menú personalizado. Non hai mínimo de persoas. Si un máximo que é a totalidade da mesa: 12. Prezo mínimo por persoa: 30€. Compártese mesa. E non, non é tendencia europea... é tradición popular. Isto fíxose sempre nas mesas do polbo ...

Porta Pechada: A partir das 22h, e sempre baixo reserva previa, Abastos pode ser reservado en toda a súa totalidade. Unha vez mais, o cliente decide canto quere gastar, dinos que non quere nin pode comer e si é a primeira vez que ven a Abastos... Mínimo de persoas: 8. Prezo mínimo por persoa: 30€.

Barra Efémera: En Abastos todo cambia, todo é pasaxeiro... Os viños por copa cambian cada día a igual que as propostas de Cociña Miúda. Sempre sometidas ao produto atopado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Todo cambia, igual cos diferentes servizos en función das franxas horarias... de taberna a restaurante dunha única mesa...

Cociña Sen Neveiras: Ao mais estilo Cociña de Mercado, traballamos cada xornada a Stock 0. Ao final do día non debe nin pode quedar nada na despensa... Moitos din que non temos cámaras. A realidade é outra, temos a neveira mais grande que calquera restaurante... o propio mercado. Non é so cociña de mercado, se non mais ben, Cociña DO mercado.

Obradoiro 2.0: Proximamente...