Abastos 2.0 na Sexta TV


Non mais lonxe da realidade, Abastos 2.0 é unha taberna. Non é un local exclusivo. É un espazo gastronómico para uso de lecer para calquera que así o elixa, o escolla.
Unha visión diferente dos da Sexta... pero, non van por aí os tiros...

Unha anotación importante: O cliente decide canto quere gastar. Primeira premisa básica dun "Porta Pechada"

O que NON nos gusta é que nos tachen de Exclusivos...

E o que SI nos gusta é ter unha única mesa... polo trato próximo, pola transparencia, polo servizo a modo conta contos, por unha cociña ao carón, por unha trazabilidade extrema do produto, por un servizo a modo función teatral dividida en actos, por un ambiente cálido, por un trato personalizado de ti a ti, por escoller a música con cada prato, por crear sinerxias cliente-cociñeiro, por contar as receitas, por sentarnos nunha sobremesa co amigo-cliente, por un factor que se chama maxia que aparece cando se abre o "telón" nun PortaPechada...