Abastos 2.0 traspasa fronteiras.No periódico británico "The Guardian"

Agradable sorpresa ao atoparnos coa mención que fai de nós Nicholas Balfe no periódico británico The Guardian ao propoñernos como unha parada nunha visita á España Septentrional:

A España setentrional: proposicións dos expertos autóctonos
Os mellores consellos para a España setentrional: sexa para o lecer de acción, con ciclismo e barranquismo, sexa para o lecer pousado, con viñedos con vistas peculiares e os mellores bares de tapas.

Gastrobares, Santiago

Dos moitos dos ditos «gastrobares» que están a agromar por todo o norte da España, Abastos 2.0 é o que encontrou a fórmula perfecta: no local, empoleirado nun dos cantos da Praza de Abastos de Santiago, en plena zona vella, créanse pratos novos cada día empregando os produtos que encontran no mercado de mañá. O menú, pequeno pero redondo, adoita estar composto de cinco ou seis pratos entre os cales encontramos creacións como o «Ovo 63,8» —un ovo escalfado con precisión científica, servido sobre unha base de puré de patacas afumado cun bocado de chourizo picante espallado— e os «berberechos expreso» —berberechos ben frescos fervidos ao vapor da máquina durante dez segundos exactos. Botade unha ollada á cociña aberta e pasade unha boa horiña a probar un chisco de todo. NB


• Abastos 2.0 (+34 981 576 145), Plaza de Abastos, Santiago de Compostela. Tapas - platos €2–€5.


Versión orixinal:

The Guardian: Northern Spain: insiders' guide



Graciñas ao traductor Tomás Pérez Pazos :
http://es.linkedin.com/in/tomasperezpazos