Emoción... by Aprendiz de Chef


Hoxe nesta tarde de ciclón, tiven mais tempo do normal para dedicarme á parte 2.0. Entre actualizar o blog e navegar por outros blogs amigos e páxinas varias de cociña... cheguei a Aprendiz de Chef. Tivemos o placer de recibir na nosa casa o pasado sábado a Mercedes e David. Grata sorpresa foi encontrar que a Aprendiz de Chef dedicáranos un Post. Nun inicio a ledicia das primeiras lineas transformouse nun estado de emoción e sensibilidade difícil de explicar... O terminar tódas esas líneas, non dixemos nada. arroibámonos... sen mais. Ante esta nova sensación, so podemos dicir un sinxelo e terno: Graciñas...