¿Como facer un Blog ca axuda doutros Blogs?

Graciñas!
A tódolos blogueiros que fan que o noso blog teña publicacións, e polo tanto sexa un blog con sentido.
Non sabemos ben se eso de cortar e pegar é legal ou non... pero o que si sabemos e que estamos agradecidos de que escriban sobre nós! Dese xeito podemos actualizar esta páxina.
Aproveitamos tb, para pedir disculpas os Feisbuqueiros que tantas veces nos din que saturamos os seus muros.
Sentímonos 2.0. Somos un pouco peixes nisto das tecnoloxías informáticas, pero nun mes escaso pasaron a ser unha ferramenta indispensable no noso día a día.
Deíxovos un video de como facemos os Berberecho Expresso (imaxes roubadas-cedidas por Miguel Vila)


Berberechos express de Abastos 2.0 from Miguel Vila on Vimeo.