Abastos 2.0, lugar de aperitivo para os blogastronomos galegos na súa XI Xantanza

(foto: Soledad Felloza)

Onte, recibimos na nosa Sesión Vermouth os amigos Gastrobloggers. A modo aperitivo, antes de disfrutar do pedazo homenaxe en Casa Marcelo, pasaron por Abastos 2.0. Celebraban a súa XI Xantanza. Foi un aunténtico placer formar parte do seu gastro-día.

Abastos, o sábado ás 13.15h estaba a tope. Nesta sesión vermouth só faltaba a orquesta. Algo desbordados polo choio, tivemos a previsión de reservar o Carro-Mesa na esquiniña do local.

Benvida cun D.O Ribeiro Sameiras 1040. Un descubremento máxico. De seguido foi a nosa proposta gastronómica que en só 3 bocados, intentamos resumir a idea e línea a seguir do noso gastro-concepto.

Comezamos cos xa un clásico (si, xa un clásico en menos de 20 días) cuns Berberechos Expresso. Un homenaxe os taberneiros da Rúa do Franco que abrían os berberechos no vaporizador da cafetera. 3 ducias duns Berberechos from Noia de bo tamaño, abertos o vapor en 10 segundos. O que un día comezou sendo un xogo-proba, convertiuse no mellor dos xeitos de abrir os bivalvos. Xusto no seu punto exacto!

Seguimos cunhas Zamburiñas & Herbas. Unha proposta moi agradable. Unhas zamburiñas marinadas ó momento, refrescadas por unha selección de herbas (brotes de guisantes e cebolino entre outras...) e potenciadas por unha escuma de cítricos.

E para terminar: un Mexillón-Lombarda. Servido a modo facilón e divertido nun vaso carolino. Un mexilón ben limpiño e aberto ó vapor, acompañado dunha lombarda feita anaquiños. Textura cruxinte, combinación sorprendente. Tb uns ariños de cebola en fritura. Resultón, agradable. Gustanos este prato.

O que si nos gusta, e que amigos como estes gastroblogueros, pasaran polo noso local para iniciar a súa XI Xantanza. Encantados de que nos coñezan e segan a nosa traxectoria de preto. "Porque comer, só é final do conto..." Gracias!

De seguro que van a comentar algo... Xa hai algunha visión*, pq iso é o seu: Contar o que ven, contar o que sinten, contar o que zampan...

*Como o viron eles?